Os galeses (), son unha nación e grupo étnico nativo de Gales. A súa lingua nativa é o galés, que pertence á familia de linguas célticas insulares, e foi historicamente falada en toda Gales. O seu devanceiro, o britano foi falada en toda a illa de Gran Bretaña. Antes do século XX, unha gran cantidades de galeses falaban só galés, con escasos ou nulos coñecementos do inglés.Janet Davies, Universidade de Gales, Bath (1993). The Welsh Language, page 34 Malia que o galés se mantivo como a lingua predominante nalgunhas áreas do país de Gales, particularmente no norte e no oeste, o inglés é a lingua predominante en case todo o país. Porén, un número significativo de galeses, mesmo os que viven en áreas predominantemente de fala inglesa son falantes de galés en diversos graos.

Mesmo que a lingua galesa e os seus devanceiros foron falados na actual Gales dende antes da incursión romana en Britania, o historiador John Davies suxire que a orixe da "nación galesa" procede dos séculos IV e V, após a marcha dos romanos.Davies, John (1994) A History of Wales. Penguin: p.54; ISBN 0-14-014581-8. O termo "pobo galés" aplícase ós habitantes de Gales e á xente con devanceiros galeses que se identifican cunha orixe e unha herdanza cultural.The Welsh people: chapters on their origin, history and laws by Sir John Rhys, Sir David Brynmor Jones. 1969

No 2016, unha análise xeográfica dos apelidos galeses levada a cabo polo Goberno Galés descubriu que unhas 718 000 persoas (arredor do 35% da poboación galesa) ten un apelido de orixe galesa, comparado co 5,3% no resto do Reino Unido, o 4,7% en Nova Zelandia, o 4,1% en Australia e o 3,8% nos Estados Unidos, o cal representan 16,3 millóns de persoas neses países que teñen cando menos algún devanceiro galés.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mitoloxía galesa Nacións celtas Grupos étnicos de Europa

Categoría:Gales Categoría:Grupos étnicos do Reino Unido Categoría:Grupos étnicos de Europa