O Centre Nacional Catalá (en galego, Centro Nacional Catalán) foi un grupo político catalanista fundado en Barcelona o 3 de setembro de 1899Buffery & Marcer (2010), pp. 116–117 promovido pola revista La Veu de Catalunya,Caminal (2000), p. 71 creada ese mesmo ano, e por ex-membros de Unió Catalanista contraria ao apoliticismoAnguera (2006), p. 108 e ao radicalismo verbal desta organización, que contrastaba coa falta de actuación pública ou organizativa.Coll i Alentorn (1992), p. 448 Finalmente, en 1901, acabarían integrándose na Lliga Regionalista.
Traxectoria
Contexto A crise en Cuba dende 1868 fixera perder o 60% do seu mercado á industria catalá. Para comezar, a renovación era indispensable deter o declive do Estado, e Prat de la Riba foise achegando ao xeneral Camilo García de Polavieja y del Castillo, que apostaba por unha descentralización como a ferramenta para acadar a modernización necesaria.
O seu programa político xa fora descrito nas Bases de Manresa de 1892, e definiu o nacionalismo catalán non como un partido político, senón como unha causa política nacional aberta a tódolos cataláns, independentemente da súa ideoloxía.
Creación Entre os fundadores había conservadores como Ramon d'Abadal i Calderó, Lluís Domènech i Montaner, Josep Puig i Cadafalch, Lluís Duran i Ventosa, Francesc Cambó, Enric Prat de la Riba ou Narcís Verdaguer i Callís, e liberais e republicanos como Jaume Carner Romeu, Ildefons Sunyol ou Joaquim Casas i Carbó. O seu portavoz foi o xornal La Veu de Catalunya.
O presidente da CNC foi o avogado Narcís Verdaguer i Callís, vice-presidente Jaime Carner Romeu e o secretario Enric Prat de la Riba. Foi a expresión do movemento burgués catalán progresista, traídos polos industriais que se atopaban na periferia xeográfica dun imperio centralizador prisioneiro da oligarquía agraria conservadora, ben conectada coa administración central corrupta.Oldenburg (2007), pp. 28–29
Disolución Eses mesmos industriais que apoiaban o rexeneracionismo de Polavieja crearan en 1898 Unió Regionalista, un partido moderado e catalanista pero non nacionalista. Progresivamente, fóronse achegando até que o 25 de abril de 1901, o Centre Nacional Catalá, fusionouse co Unió Regionalista para forma-la Lliga Regionalista.González Casanova (1979), p. 176
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Nacionalismo catalán
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Cataluña Categoría:Nacionalismo catalán Categoría:Restauración borbónica en España