Death Grips é un grupo de hip hop experimental de Sacramento (California), formado no ano 2010. Os integrantes do grupo son o rapeiro/vocalista MC Ride (Stefan Burnett), Zach Hill (batería, produtor e compositor) e o enxeñeiro Andy Morin.https://mobile.twitter.com/bbpoltergiest/status/840695825042886656 O guitarrista Nick Reinhart (Tera Melos) participou nos álbums Fashion Week, Jenny Death e Bottomless Pit. O seu estilo musical pode clasificarse en torno ao hip hop, punk, electrónica, noise e mesmo industrial. No 2012, a revista británica The Skinny manifestou que pasa por ser "a primeira banda verdadeiramente importante do século vinte e un".

A banda lanzou en abril do 2011 o mixtape Exmilitary e o ano seguinte o seu álbum debut The Money Store, ambos con boa acollida da crítica. Pouco despois de asinar con Epic Records no ano 2012 o grupo filtra e pon en descarga libre o seu segundo álbum No Love Deep Web, rompendo as condicións contractuais, o que lles valeu a expulsión da discográfica tempo despois. No 2013 publican o terceiro álbum, Government Plates. Tras non presentarse a varias actuacións (rachando cos contratos asinados) o grupo anunciou a súa disolución en xullo de 2014 xunto co lanzamento do seu cuarto álbum de estudio The Powers That B. Porén, en marzo de 2015 a banda revelou que quizais "poderían facer máis música" e despois anunciaron unha xira mundial. Máis tarde ese mesmo ano anunciaron o seu quinto álbum, titulado Bottomless Pit, o cal foi publicado no mes de maio do ano 2016.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Money Store 2012 Epic Records No Love Deep Web 2012 Third Worlds, Harvest Records Government Plates 2013 Third Worlds, Harvest Records The Powers That B 2015 Third Worlds, Harvest Records Bottomless Pit 2016 Third Worlds, Harvest Records Year of the Snitch 2018 Third Worlds, Harvest Records

Mesturas Exmilitary (2011)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Artistas de Epic Records Categoría:Grupos musicais formados en 2010 Categoría:Grupos musicais de Sacramento