Pedro Tertuliano Hervella Nieto, nado na Rúa o 23 de marzo de 1891 e finado no Barco o 27 de agosto de 1970, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Hervella Ferreira. Estudou o bacharelato no instituto de Valladolid. Estudou Dereito na Universidade Central, licenciándose en 1913. Exerceu como avogado no partido xudicial do Barco. Colaborou en revistas xurídicas (Astrea e Revista de Legislación y Jurisprudencia), no periódico El Sil do Barco, en Aquiana de Ponferrada e foi correspondente de Ideal de Madrid (1912) onde asinaba co pseudónimo Fray Marcelo, Correo de Galicia, El Noroeste (1922) e Vida Gallega. Foi director e intérprete de obras teatrais representadas no Liceo Artesano (1911) e Círculo Católico de Obreros do Barco (1916)."Pedro Tertuliano Hervella, pionero de investigadores", La Voz de Galicia, 11-3-1989, p. 29.

Recoñecementos

En 1980 o Instituto de Estudos Valdeorreses elixiuno como primeiro Valdeorrés Ilustre. A sección de historia do IEV creou un premio de investigación que leva o seu nome.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na web do concello do Barco

Categoría:Xornalistas da Rúa Categoría:Nados na Rúa Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1970