miniatura|250px|Papeleta do referendo. O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017. Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.

Historia

Maioría parlamentaria prorreferendo miniatura|Foto oficial do Goberno de Puigdemont. O 27 de setembro de 2015 realizáronse as eleccións ó Parlamento de Cataluña. Estas eleccións deron unha maioría de forzas políticas prorreferendo (Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e fixo posible a creación dun goberno prorreferendo.

Anuncio do referendo O anuncio da convocatoria deste referendo realizouno o presidente Carles Puigdemont, o 28 de setembro de 2016 dende o Parlamento de Cataluña, como resultado do bloqueo realizado polo Goberno de España. Tamén se fixo público que a arquitectura do referendo e a súa organización sería responsabilidade do vicepresidente, Oriol Junqueras, e o conselleiro de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia, Raül Romeva.

Anuncio da data e pregunta do referendo O 9 de xuño de 2017, o Goberno de Cataluña, xunto con todos os membros independentistas do Parlamento de Cataluña, anunciou a data e pregunta para o referendo nunha cerimonia solemne no Pati dels Tarongers do Palau de la Generalitat. A pregunta será: "Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?" e será feita nas tres linguas oficiais faladas en Cataluña (en catalán, español e aranés). A data fixada para o referendo, foi o 1 de outubro de 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Consulta sobre a independencia de Cataluña Referendo de autodeterminación de Cataluña Independentismo catalán Vía catalá

Ligazóns externas Referendo sobre a independencia de Cataluña de 2017 Catalonia Votes

Categoría:Política de Cataluña Cataluña Categoría:2017