miniatura|Phaseolus lunatus en Francisco Manuel Branco, Flora de Filipinas, Gran edición, Atlas II , 1880-1883 miniatura|Phaseolus coccineus en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885. miniatura|Phaseolus vulgaris en Louis Benoît van Houtte, Flore des serres et des jardins de l'Europe, 1867-1868. Phaseolus é un xénero na familia Fabaceae (Leguminosae) cunhas 90 especies aceptadas, das máis de 600 descritas, todas nativas das Américas.Phaseolus en The Plant List A especie máis popular é Phaseolus vulgaris, os seus froitos e sementes son coñecidos vulgarmente como feixóns, ou fabas. Tamén pertencen a este xénero a faba de tres anos (Phaseolus coccineus) e mais a faba de Lima ou feixón de Lima (Phaseolus lunatus)Recomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Descrición Son herbas rubideiras volúbeis, erectas ou rastreiras, perennes ou anuais, a miúdo cubertas de pelos con ganchos. As follas son trifolioladas, con folíolos enteiros ou lobados e con estípulas persistentes. As flores están dispostas en acios axilares inseridos nos nós inchados, con brácteas persistentes ou caedizas. Teñen cáliz campanulado ou brevemente tubuloso, bilabiado co labio superior de 2 sépalos soldados e o inferior de 3. A corola, de cor violácea, azul, avermellada, amarela, ou de varios tons, con estandarte suborbicular, reflexo e ocasionalmente con apéndices na base; as ás, de forma obovada ou oblonga, adhiren á quilla que é lineal, con bico longo, espiralmente torta. Os estames, en número de 10, son diadelfos (9 soldados + 1 ceibo), e o xineceo ten o estilo torto de polo menos 360º, con estigma alongado e oblicuo. O froito é un legume lineal ou oblongo, comprimido ou cilíndrico, polispermo, de 2 até moitas sementes oblongas ou reniformes, con estrofíolo e fío cortamente lineal, de xerminación epixea ou hipoxea.Phaseolus en Flora of China Filoxenia Análises filoxenéticas do xénero, baseado en datos morfolóxicos e moleculares, conclúen que todas as especies pertencen a 8 clados diferenciados morfóloxica, ecolóxica ou bioxeograficamente, excepto unhas 5 especies enigmáticas (Phaseolus glabellus, P. macrolepis, P. microcarpus, P. oaxacanus e P. talamancensis) que non entran claramente en ningunha destas divisións, e están só debilmente relacionados co clado de P. Tuerckheimii.Delgado-Salinas A., Bibler R., Lavin M., Phylogeny of the genus Phaseolus (Leguminosae): a recent diversification in an ancient landscap.
Distribución O xénero está conformado por preto de 90 especies endémicas do continente americano que medran a altitudes comprendidas entre 700 e 2000 msnm), en terras baixas secas ou húmidas, piñeirais e carballeiras así como selvas húmidas desde o sueste do Canadá até o norte da Arxentina. As especies bravas están distribuídas desde o norte de México até o centro da Arxentina atopándose marcadas diferenzas morfolóxicas e moleculares entre os dous extremos da súa distribución xeográfica. Cinco especies foron domesticadas de maneira independente a partir de distintas especies bravas americanas. P.vulgaris, P. lunatus, P. polyanthus, P.acutifolius e P. coccineus: as dúas primeiras foron obxecto de múltiples domesticacións nos Ándes meridionais e México-Centroamérica; a terceira, e a menos influenciada pola domesticación, áchase en México, Mesoamérica, o Caribe e América do Sur (até o norte do Perú); e as dúas últimas corresponden a México, o sur-oeste dos Estados Unidos e Centroamérica.
Usos Os feixóns son un dos cultivos máis antigos do mundo. Xunto co millo e maila iuca, foron un alimento básico dominante das Américas durante milenios.
Da planta consómense as follas e vaíñas, e especialmente as sementes maduras e/ou secas, que son unha importante fonte proteica -por exemplo, uns 20% do peso seco de Phaseolus vulgaris- en zonas tropicais, subtropicais e tépedas, primeiro en América e, despois da súa introdución en Europa en épocas colombianas, no resto do mundo.
Subdivisións O xénero está subdividido nunhas 15 seccións:Lewis G, Schrire B., Mackinder B. & Lock M., Legumes of the World, Kew Royal Botanic Gardens, 577 pp, 2005 Especies non incluídas Phaseolus augusti Harms Phaseolus carteri Freytag & Debouck Phaseolus diversifolius Pittier Phaseolus glabellus Piper Phaseolus lignosus Britton Phaseolus microcarpus Mart. Phaseolus mollis Hook. f. Phaseolus pachyrrhizoides Harms sect. Acutifolii: con 2 especies e 2 variedades aceptadas dos 6 táxones descritos. ₴ Especies aceptadas: Phaseolus acutifolius A. Gray Phaseolus parvifolius Freytag sect. Bracteati Phaseolus macrolepis Piper Phaseolus talamancensis Debouck & Torres González sect. Brevilegumeni Phaseolus campanulatus Freytag & Debouck Phaseolus oligospermus Piper Phaseolus tuerckheimii Donn. Sm. sect. Chiapasana Phaseolus chiapasanus Piper sect. Coccinei Phaseolus coccineus L. sect. Coriacei Phaseolus maculatus Scheele Phaseolus reticulatus Freytag & Debouck Phaseolus venosus Piper sect. Digitati Phaseolus albiflorus Freytag & Debouck Phaseolus albiviolaceus Freytag & Debouck Phaseolus altimontanus Freytag & Debouck Phaseolus neglectus F. J. Herm. Phaseolus trifidus Freytag sect. Falcati Phaseolus leptostachyus Benth. Phaseolus macvaughii A. Delgado Phaseolus micranthus Hook. & Arn. Phaseolus opacus Piper Phaseolus persistentus Freytag & Debouck sect. Minkelersia Phaseolus amabilis Standl. Phaseolus amblyosepalus (Piper) C. V. Morton Phaseolus anisophyllus (Piper) Freytag & Debouck Phaseolus nelsonii Maréchal et al. Phaseolus parvulus Greene Phaseolus pauciflorus Sessé & Moc. ex G. Don Phaseolus perplexus A. Delgado Phaseolus plagiocylix Harms Phaseolus pluriflorus Maréchal et al. Phaseolus tenellus Piper sect. Paniculati Phaseolus acinaciformis Freytag & Debouck Phaseolus albinervus Freytag & Debouck Phaseolus dasycarpus Freytag & Debouck Phaseolus jaliscanus Piper Phaseolus juquilensis A. Delgado Phaseolus longiplacentifer Freytag Phaseolus lunatus L., lle haricot de Lima Phaseolus maculatifolius Freytag & Debouck Phaseolus marechalii A. Delgado Phaseolus nodosus Freytag & Debouck Phaseolus polystachios (L.) Britton et al. Phaseolus rotundatus Freytag & Debouck Phaseolus salicifolius Piper Phaseolus scrobiculatifolius Freytag Phaseolus sonorensis Standl. Phaseolus xolocotzii A. Delgado sect. Pedicellati Phaseolus esperanzae Seaton Phaseolus grayanus Wooton & Standl. Phaseolus laxiflorus Piper Phaseolus oaxacanus Rose Phaseolus pedicellatus Benth. Phaseolus polymorphus S. Watson Phaseolus purpusii Brandegee Phaseolus pyramidalis Freytag Phaseolus scabrellus Benth. ex S. Watson Phaseolus teulensis Freytag sect. Phaseolus: con 72 taxons descritos, dos cales 6 especies e 25 taxons infra-específicos están aceptados e o resto son meros sinónimos. ₵ Especies aceptadas: Phaseolus albescens McVaugh ex Ramirez-Delgadillo & A. Delgado Phaseolus coccineus L. Phaseolus costaricensis Freytag & Debouck Phaseolus dumosus Macfad. Phaseolus persistentus Freytag & Debouck Phaseolus vulgaris L. sect. Revoluti Phaseolus leptophyllus G. Don sect. Rugosi Phaseolus angustissimus A. Gray Phaseolus filiformis Benth. sect. Xanthotricha Phaseolus esquincensis Freytag Phaseolus gladiolatus Freytag & Debouck Phaseolus hintonii A. Delgado Phaseolus magnilobatus Freytag & Debouck Phaseolus xanthotrichus Piper Phaseolus zimapanensis A. Delgado
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Fabaceae Legume
Categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren referencias Categoría:Wikipedia:Artigos que requiren referencias desde unha data descoñecida
Categoría:Taxons descritos por Linné