A Game Boy Pocket (en xaponés: ゲームボーイポケット, Gēmu Bōi Poketto) é unha consola de videoxogos portátil da cuarta xeración que foi fabricada pola compañía xaponesa Nintendo dende 1996 até 2003, sendo sucedida polas Game Boy Light (esta só no Xapón) e Color en 1998 e a Game Boy Advance en 2001. Houbo varias edicións limitadas da Game Boy Pocket, incluído un modelo de cor metálica dourada exclusivo para o Xapón.

Comercialización A Game Boy Pocket foi posta á venda o 21 de xullo de 1996 no Xapón por 69,99$ (10.822,20 iens) e o 3 de setembro de 1996 en Norteamérica. Lanzouse á vez que a Nintendo 64 en todo o mundo, e en Europa chegou ao mercado en xaneiro de 1997.

Características Este modelo é basicamente unha modificación da Game Boy clásica. Comparada co modelo clásico, a Pocket ten un tamaño moito máis pequeno, o porto tamén diminuíu de tamaño e a pantalla pasou de ser en "verde e negro" a un auténtico display "branco e negro", mellorando a calidade notabelmente en comparanza co vello modelo de Game Boy. Ten espazo para dúas pilas AAA, que proporcionan aproximadamente 10 horas de xogo.

A Game Boy Pocket ten un pequeno porto "link", que requiría un adaptador para conectarse co vello modelo de Game Boy. O porto foi deseñado para usar en todos os modelos anteriores ó modelo Game Boy Micro. A primeira versión do modelo Pocket non incluía o led de carga das pilas, pero foi incluído na segunda versión do modelo, en 1997, por demanda do público.

Aínda que varios editores aproveitaron o aumento de novos usuarios de Game Boy que se produciu co lanzamento da Game Boy Pocket para reeditar xogos antigos de Game Boy,«Power Play». Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (106): 22-23. Maio de 1998. a Game Boy Pocket non era unha nova plataforma de software e reproducía exactamente o mesmo software que o modelo orixinal de Game Boy.«Show Notes». GamePro (IDG) (95): 16. Agosto de 1996.

Especificacións técnicas alt=|dereita|thumb|Placa base dunha Game Boy Pocket. Tamaño Aproximadamente 76 mm x 124 mm x 23 mm (An x Al x Pr)Peso Aproximadamente 148 gPantalla Pantalla reflectora supertrenzada nemática (STN) de cristal líquido (LCD)Tamaño da pantalla 50 mm por 45 mmFotogramas por segundo 59.727500569606 HzEnerxía 6 V, 0.7 W (2× pilas AAA)Duración das pilas Aproximadamente 10 horas de xogoCPU Zilogic Z80 a 4.194304 MHzMemoria 64 KB de espazo de direccións incluíndo: 8 KB de RAM de traballo integrada Até 16 págxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar as partidas). 8 KB de memoria RAM para a pantalla LCD. 32 KB de Game Pak externa ROM, dos cales 16 KB son intercambiábeis. ROM de arrinque de 256 bytes no chip; cartuchos de 32 KB, 64 KB, 128 KB, 256 KB, 512 KB, 1 MB, 2 MB, 4 MB e 8 MB.Resolución da pantalla 160 (ancho) × 144 (alto) píxels (10:9 relación de aspecto)Soporte de cor 2 bits (catro tons de "cinsento": claro a moi escuro)Son Procesador PSG de Estéreo FM de 4 canlesEntradaBotón direccional de oito direccións. Catro botóns de acción (A, B, Start e Select). Potenciómetro de volume. Potenciómetro de contraste. Interruptor de aceso. I/O en serie ("Cable link"): 512 kbit/s con até 4 conexións en serie. Cartucho I/O.

Edicións especiais Game Boy Pocket Famitsu Limited Edition Game Boy Pocket Clear Atomic Purple Game Boy Pocket Edición Hello Kitty Game Boy Pocket Edición Aniversario Game Boy Pocket Clear-Blue ANA Air-Line Special Edition Game Boy Pocket Extreme Green.Game Boy Pocket Extreme Green. www.museodelvideojuego.com.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Game Boy Advance SP

Categoría:Consolas de Nintendo