Leviathan (, Leviafan) é un filme dramático ruso dirixido por Andrey Zvyagintsev, co-escrito por Zvyagintsev e Oleg Negin, que se estreou no 2014. Está protagonizado por Aleksei Serebryakov, Elena Lyadova e Vladimir Vdovichenkov. Segundo Zvyagintsev, inspirouno a historia de Marvin Heemeyer nos Estados Unidos e fixo unha adaptación ó contexto ruso.«Если больше нет юродивых, кто скажет о беззаконии и лжи?», Kommersant.ru, 14 de maio de 2014 O desenvolvemento do personaxe protagonista ten paralelismos coa figura bíbliba de Xob.Leviathan review – a compellingly told, stunningly shot drama O produtor Alexander Rodnyansky declarou: "Lida con algúns dos máis importantes temas sociais da Rusia contemporánea mais nunca se converte nun sermón do artista ou nunha protesta pública; é a historia do amor e a traxedia experimentada por xente corrente". A crítica considerou o filme como formidableCannes 2014 review: Leviathan – a new Russian masterpiece Film Review: ‘Leviathan’ polo tratamento de temas como o destino, o poder e o diñeiro.

O filme foi seleccionado para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2014. Zvyagintsev e Negin gañaron o premio ó mellor guión. Foi escollido como mellor filme do ano no Festival de Cinema de Londres de 2014 e no 45º Festival Internacional de Cinema da India. Gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa.72ND ANNUAL GOLDEN GLOBE® AWARDS NOMINEES ANNOUNCED . dickclark.com. Consultado o 11 de decembro de 2014. Tamén foi nomeado ós Premios Oscar na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar.

Personaxes Aleksei Serebryakov como Kolya Roman Madyanov como Vadim Vladimir Vdovichenkov como Dima Elena Lyadova como Lilya Sergey Pokhodaev como Roma

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Rusia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes dirixidos por Andrey Zvyagintsev Categoría:Filmes rodados en Rusia Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes ambientados en Rusia