As linguas chibchasEntrada chibcha en Digalego son unha familia lingüística composta por un amplo grupo de linguas faladas por varios pobos amerindios, cuxo territorio tradicional se estende dende o nordeste de Honduras, a costa caribeña de Nicaragua, a maior parte de Costa Rica e Panamá, así como algunhas partes de Colombia e o oeste de Venezuela. O nome da familia deriva dunha lingua extinta chamada lingua chibcha ou muisca (Muysccubun), outrora falada polo pobo muisca que vivía no Altiplano Cundiboyacense, sendo Bogotá a súa capital do sur no momento da invasión española. Porén, as análises xenéticas e lingüísticas sinalan que o berce das linguas chibchas non está en Colombia, senón nunha área da fronteira entre Costa Rica e Panamá, onde se atopa a maior variedade de linguas desta familia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cassiani, Joseph. 1741. Historia de la provincia de la Compañía de Jesús del Nuevo Reino de Granada en la América. Madrid. Constenla Umaña, Adolfo. 1981. Comparative Chibchan Phonology. (Ph.D. dissertation, Department of Linguistics, University of Pennsylvania, Philadelphia). Greenberg, Joseph H. 1987. Language in the Americas. Stanford: Stanford University Press. Müller, Friederich. 1882. Grundriss der Sprachwissenschaft: 189, 356. Wien. Quesada, J. Diego. 2007. The Chibchan Languages. Cartago: Editorial Tecnológica de Costa Rica. Uhle, Max. 1890. "Verwandtschaften und Wandcrungen der Tschibtscha"; Actas del VII Congreso Internacional de Americanistas, Berlín 1888: 466-89. La Universidad de Costa Rica publica la revista Estudios de Lingüística Chibcha.