Unión do Pobo Corso (en corso: Unione di u Populu Corsu) foi un partido político nacionalista corso e autonomista fundado en 1977 por ex-militantes da Acción polo Renacemento Corso (ARC). Os seus líderes foron o histórico nacionalista e ex-eurodeputado Max Simeoni e François Alfonsi. En 2002 a UPC únese a outras dúas pequenas organizacións (Scelta Nova e A Mossa Naziunale) para crear o Partitu di a Nazione Corsa (PNC).
Véxase tamén
Bibliografía Ghjacumu Thiers, Aureli Argemí i Roca; Jordi Bañeres Informe Còrsega Altres Nacions núm 6 1984.
Categoría:Nacionalismo corso Categoría:Partidos políticos de Córsega