Residue é unha serie de televisión británica dirixida por Álex García López. Trátase dunha produción de ciencia ficción de tres episodios que se centra na vida da fotoxornalista Jennifer Preston despois dunha misteriosa explosión no centro da cidade na que vive. A serie foi dobrada ao castelán, alemán e francés. A rodaxe tivo lugar en Hong Kong, Londres e Yorkshire.
Argumento Tras unha grande explosión nun club nocturno durante a celebración do Aninovo, o goberno pon en corentena unha ampla zona da cidade alegando contaminación por mor dunha arma química. A fotoxornalista Jennifer Preston investiga unha serie de sucesos misteriosos que acontecen arredor das zonas contaminadas. Descubrirá unha rede de mentiras relacionadas cos fenómenos paranormais que parecen ter orixe na área en corentena, mentres o goberno tenta seguir gardando o segredo.
Elenco Elenco Personaxe Natalia Tena Jennifer Preston Iwan Rheon Jonas Flack Jamie Draven Levi Mathis Danny Webb Emeril Benedict Franz Drameh Willy G Adrian Schiller Pierce Eleanor Matsuura Angela Rossi Brian Ferguson Dickie Prince Emilia Jones Charlotte Tom Goodman-Hill Keller
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2015