O río Cunene (en ortografía de Angola), ou río Kunene (en ortografía de Namibia), é un longo río do suroeste da África austral, que flúe desde as serras de Angola cara a Namibia, país co que forma fronteira no seu treito inferior, ata desembocar no océano Atlántico
miniatura|esquerda|230px|Cataratas Epupa.
É un dos poucos ríos permanentes da rexión. Ten unha lonxitude de 1 050 km, unha conca de 106 560 km² e un caudal medio anual de 174 m³/s na súa desembocadura.
No río encóntranse as cataratas Epupa (en inglés, Epupa Falls; en portugués, Quedas do Monte Negro), cataratas localizadas no treito fronteirizo do río.
Alí, o río ten 0,5 km de ancho e cae por unha serie de fervenzas nun treito de 1,5 km, sendo a caída maior de 20 m.
O encoro de Epupa O goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa. Esta é unha controvertida presa hidroeléctrica, que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos himba.
Notas
Categoría:Ríos africanos do Atlántico sur Categoría:Ríos de Angola Categoría:Ríos de Namibia