O cabalo American Quarter é unha raza de cabalo orixinaria dos Estados Unidos. Comezou a formarse coa chegada dos europeos ó continente norteamericano, ó redor de 1611, polo cruzamento dos cabalos traídos polos ingleses e españois, e cabalos de indíxenas (mustang), tamén de ascendencia ibérica. Posteriormente, dezasete garañóns e eguas, orixinalmente purosangue ingleses, foron levados ós Estados Unidos. Entre os purosangues ingleses importados figura Janus un fillo de Godolphin Barb.

Co tempo xurdiu un equino compacto e bastante musculoso, quen de percorrer distancias curtas a gran velocidade. O primeiro Stud Book con rexistro xenealóxico da raza comezou en 1941, en Texas. O rexistro para cabalo American Quarter aínda acepta a inclusión de purosangues ingleses, ou sexa, acéptanse cruzamentos QM × QM ou PSI × QM.

Véxase tamén

Outros artigos Lista de razas de cabalos Bibliografía

Categoría:Razas de cabalos