Mikel Merino Zazón, nado o 22 de xuño de 1996 en Pamplona, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a Real Sociedad da Liga Santander.

Traxectoria CA Osasuna Mikel incorporouse aos xuvenís do Osasuna na tempada 2012/13, procedente do CD Amigó navarro. Subiu ao primeiro equipo da man de Jan Urban en 2014. Debutou co Osasuna, en Segunda División, o 23 de agosto de 2014 ante o FC Barcelona B. Marcou o seu primeiro gol ao rematar un córner, ante a UD As Palmas, en decembro de 2014.

Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Primeira División. Foi peza fundamental durante toda a tempada e, tamén, nos play-off de ascenso a Primeira División, contribuíndo con tres goles na eliminatoria ante o Gimnàstic de Tarragona.

Borussia Dortmund En febreiro de 2016 é traspasado ao Borussia Dortmund da Bundesliga, por 3'7 millóns de euros. En xullo incorporouse á pretemporada do equipo alemán, debutando nun amigable contra o FC St. Pauli. Thomas Tuchel deixoulle fóra da lista da UEFA Champions League, polo que non puido participar en ningún partido. Debutou en Bundesliga, ante o Hertha BSC, o 14 de outubro de 2016. Ao longo da tempada non dispuxo de demasiados minutos, disputando só 293 minutos en oito partidos de Bundesliga.

Clubs ClubPaísAnoPartidosGolesC.A. Osasuna 2014 - 2016678Borussia Dortmund 2016 -90

Selección nacional

Categorías inferiores Foi campión de Europa sub-19 en 2015, sendo titular en todos os partidos do torneo. En setembro de 2016, incorporouse á selección española sub-21 coa que conseguiu clasificarse para disputar a Eurocopa sub-21 de 2017.

Vida persoal É fillo de Miguel Merino Torres, ex xogador, entre outros, de Osasuna, Celta e Leganés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en Transfermarkt.es Ficha do xogador en Soccerway.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19‎ Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Futbolistas olímpicos de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial