VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e macOS. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011,im_simon_roth_creator_of_scifi_godgame_maia_ama by Simon Roth on reddit.com que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS.

A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara a abaixo ou cara a arriba. O xogador pode utilizar esta mecánica para desplazarse polos distintos niveis do xogo evitando perigos estáticos e inimigos. Cavanagh baseou esta mecánica noutro xogo anterior deseñado por el, titulado Sine Wave Ninja. Nunha entrevista Cavanagh afirmou que lle interesaba usar esta idea coma concepto principal dun xogo, considerando que era algo que outros xogos que xa incorporaban esta mecánica nunca fixeran antes.

VVVVVV obtivo unha boa recepción da crícita, acadando unha puntuación de 78,78% (PC) e 80,28% (3DS) no agregador GameRankings.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Videoxogos de 2010 Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de Ouya Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de plataformas Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation Network Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Irlanda