O soldado raso ou peón, é aquel membro das forzas armadas, que xa ingresou e é efectivo, pero que ocupa o rango máis baixo despois de recruta na cadea de mando.
De feito, non ten ninguén ao seu mando. En España, denomínaselle simplemente "soldado", aínda que a denominación de soldado raso se entende mellor.
É o elemento básico dos exércitos, e da súa preparación depende, en gran parte, a eficacia das forzas armadas.
Na Armada, salvo no corpo de Infantaría de Mariña, en lugar de soldados existen mariñeiros. O seu xefe máis inmediato é o cabo. Ambos, cabo e soldado, forman parte da tropa.
Notas
Categoría:Forzas armadas