O acateco é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada polo pobo acateco que habita no departamento de Huehuetenango, en Guatemala, e nos concellos de Concepción Huista, Nentón, San Miguel Acatán, San Rafael La Independencia e San Sebastián Coatán. Un grupo de falantes tamén vive no estado de Chiapas, México. No ano 1998 contaba con máis de 58 600 falantes, dos cales 48 500 vivían en Guatemala e o resto en México.Ethnologue O acateco está estreitamente relacionado coas linguas q’anjob’al e jacalteca. As tres linguas forman a sub-póla q'anjob'al-jacalteca. Crese que o grupo q'anjob'al–jacalteco diviuse nas tres linguas hai 1 500 anos.
O acateco estaba considerado como un dialecto da lingua q’anjob’al até a década de 1970, cando os lingüistas se decataron das diferenzas gramaticais con respecto do q'anjob'al. O acateco está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Acateco en Ethnologue
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes