Ribeiro en Común é un colectivo cidadán e veciñal que xorde do manifesto homónimo para presentarse nas eleccións municipais de 2015 no concello de Ribadavia, con Brais Fidalgo Martínez como cabeza de lista.Xunta Electoral de Zona de Ribadavia. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Boletín Oficial da provincia de Ourense, 22/04/2015. En ditas eleccións conseguiu entrar na corporación municipal cun concelleiro e o 11,37% dos votos. Nas eleccións do 26 de maio de 2019 soben a 3 escanos obtendo o 21,77% dos votos, sendo chave de goberno para un novo mandato do PSdeG na vila. Porén, ao non chegar a un acordo de goberno co socialista Ignacio Gómez supuxo que o PPdeG lograse a alcaldía como lista máis votadaLa discordia entre PSOE y Ribeiro en Común permite al PP gobernar Ribadavia. En febreiro de 2021 presentaron xunto co PSdeG unha moción de censura que fixo alcaldesa á concelleira socialista Noelia RodríguezCulmina la moción de censura en Ribadavia, pasando a gobernalos socialistas e ReC en coalición, sendo o líder da formación, Brais Fidalgo, portavoz do goberno. Nas eleccións municipais de maio de 2023 a formación sufriu unha caída dos seus apoios, logrando un 7,53% dos votos, volvendo a ter un concelleiro, o seu líder Brais Fidalgo. Isto, sumado á debacle do PSdeG, que baixa a 3 concelleiros, mesmo quedando Ignacio Gómez sen acta, e a obtención da maioría absoluta por parte do PPdeG, imposibilita un novo goberno de esquerdas, e supuxo que a formación pasase á oposición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ribadavia Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Ribadavia