Humberto Cuíñas González, nado en Vigo o 18 de decembro de 1885 e finado na mesma cidade o 24 de outubro de 1965, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Humberto Cuíñas, Rafael Fuembuena, Blas Agra Mancebo, Miguel de Zárraga, Luis Suárez Gutiérrez, Eugenio Fernández Leis e Julián García Larrú. Sentados Enrique Pereira Borrajo, Miguel Fernández Lema, Emilio Rodal e Antonio Fernández Arreo. Asociación da prensa de Vigo, 1909. Fillo de Pío Lino Cuíñas Pereira. Foi dependente de comercio e traballou no Banco de Vigo, primeiro nas oficinas centrais, e despois na sucursal de Ourense. Poeta xocoso. Foi redactor de El Mercantil, La Lucha, Letras y Deportes e La Ráfaga. Pertenceu á directiva do Centro de Hijos de Vigo e colaborou en Martín Codax. Publicou un libro de versos festivos titulado Berzas y otras legumbres.

Obras Berzas y otras legumbres, 1916.

Vida persoal Foi irmán do tamén xornalista Celso Cuíñas González. Casou con Marina Aymerich Carrera e foi pai de Humberto Cuíñas Aymerich.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1965