O espazo natural do río Tambre é un unha zona especial de conservación (ZEC) que ampara a cunca media e alta do río Tambre. O tramo do río protexido está nas comarcas de Ordes e Santiago: pasando por Tordoia, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Frades, Santiago de Compostela e O Pino. Pretende protexer a vexetación das áreas de ribeira do río.

Hábitats O espazo natural pretende protexer ao río Tambre e os seus afluentes na cunca media e alta. Acolle aos ríos desde o piso basal ata a parte superior da cunca hidrográfica, así como as ribeiras de lama e a súa vexetación. Cobre tamén as costas con rochas silíceas e a súa vexetación de muro e pioneira. Ampara tamén os bosques de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior, as carballeiras de Quercus robur e Q. pyrenaica e aos queirogais. Acolle os prados que hai en substratos de calcarios e os prados de sega pretos ao río.

Flora e fauna As principais especies silvestres do réxime de protección especial do río Tambre lístanse a continuaciónInformación ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo V Humidais e Corredores Fluviais. LIC Río Tambre: Flora Especie Narcissus cyclamineus Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis Fauna Invertebrados Especie Coenagrion mercuriale Elona quimperiana Geomalacus maculosus Vacaloura (Lucanus cervus) Macromia splendens Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) Oxygastra curtisii

Peixes Especie Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii

Anfibios e réptiles Especie Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Lacerta schreiberi

Mamíferos Especie Galemys pyrenaicus Lutra lutra Myotis bechsteinii Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

Notas

Esteiro do tambre