A Sociedade Europea de Física (en inglés, European Physical Society, EPS) é unha organización sen ánimo de lucro cuxo propósito é promover a física e o labor dos físicos en Europa. Foi creada en 1968, e entre os seus membros inclúense as sociedades nacionais de física de 42 países, e uns 3200 membros individuais. A Sociedade Alemá de Física, a maior organización de físicos no mundo, é un membro importante. Unha das súas principais actividades é a organización de conferencias internacionais. A súa revista é Europhysics Letters; entre as súas outras publicacións inclúense Europhysics News e a European Journal of Physics. Está organizada en 11 divisións e 7 grupos.

Premios A EPS outorga diversos premios, incluíndo o Premio EPS Europhysics, e o Premio Lisa Meitner.

Conferencias patrocinadas A EPS organiza periodicamente as Europhysics Conferences sobre distintos campos da física e, ademais, patrocina outros eventos (Sponsored Conferences) organizados por outras organizacións afíns, como a Conferencia Internacional de Estudantes de Física en 2011.

Notas

Categoría:Sociedades científicas