Xosé Soto Rodríguez, coñecido como Xosé de Arxeriz e anteriormente como Pepiño da Gaita, nado en Arxeriz (Fión, O Saviñao) o 9 de xullo de 1938, é un empresario, político e escritor galego.
Traxectoria Mozo de familia acomodada, estudou fóra de Galicia, en Madrid e Alemaña, e posteriormente instalouse en Madrid. Alí colaborou co grupo Brais Pinto, militou na UPG e participou nas clases de cultura galega do Club de Amigos da Unesco, onde aprendeu a tocar a gaita.
Como gaiteiro, ingresou na compañía de baile galego de Rei de Viana, e con ela realizou diversas viaxes polo mundo. Nalgunha desas viaxes actuou como representante da UPG en entrevistas con destacados líderes do exilio republicano, como Claudio Sánchez Albornoz e Luis Jiménez de Asúa. Posteriormente foi secretario persoal de Enrique Tierno Galván, e acompañouno no seu ingreso no PSOE. Nesta formación ocupou distintos cargos de responsabilidade internacional.
En 1985 comproulle ao seu tío José Rodríguez López a granxa de Arxeriz e negociou a instalación dunha escola-obradoiro que funcionou de 1993 a 1996. En 1996 creou a Fundación Xosé Soto de Fión á que lle doou en 1999 o conxunto de Arxeriz.
Obras Cara unha poética ecoloxista: Noriega (1999). Fundación Xosé Soto de Fión. 139 páxs. ISBN 84-605-9713-X. Luzadas de vagalumes (2000). Fundación Xosé Soto de Fión. 181 páxs. ISBN 84-931685-0-5. Luzadas de vagalumes II (2001). Fundación Xosé Soto de Fión. 145 páxs. ISBN 84-931685-1-3. Luzadas de vagalumes III (2004). Fundación Xosé Soto de Fión. 171 páxs. ISBN 84-931685-2-1. Xerfas de mallante (2005). Fundación Xosé Soto de Fión. 197 páxs. ISBN 84-931685-3-X. Luzadas de vagalumes IV (2007). Fundación Xosé Soto de Fión. 199 páxs. ISBN 84-931685-2-1. Luzadas de vagalumes V (2009). Fundación Xosé Soto de Fión. 233 páxs. ISBN 84-931685-5-6. Sombras, ecos, olgas (2014). Fundación Xosé Soto de Fión. Memorias. 962 páxs. ISBN 978-84-617-5629-2. Luzadas de vagalumes V/ (2017). Fundación Xosé Soto de Fión. 292 páxs. ISBN 978-84-09-02881-8.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Xosé Soto de Fión
Categoría:Empresarios de Galicia
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega
Categoría:Nados no Saviñao Categoría:Nados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes