Os dereitos da muller son os dereitos reclamados polas mulleres e rapazas de todo o mundo e forman a base do movemento a prol das mulleres do século XIX e do movemento feminista do século XX. Nalgúns países, estes dereitos están institucionalizados e protexidos pola lei, o costume local e o comportamento civil, mentres que noutros é ignorado ou está represaliado. Difire das nocións máis amplas dos dereitos humanos a través de reclamacións dun prexuízo histórico e tradicional inherente ó exercicio dos dereitos por parte de mulleres e mozas, a prol de homes e mozos.Hosken, Fran P., 'Towards a Definition of Women's Rights' in Human Rights Quarterly, Vol. 3, No. 2. (maio de 1981), pp. 1–10.

Malia non existir unha lista limitada, os temas xeralmente asociados cos dereitos da muller inclúen os seguintes: a integridade e a autonomía do seu corpo, non padecer violencia sexual, o dereito a voto, ter cargos públicos, entrar en contratos legais, ter iguais dereitos no dereito de familia; ter acceso ó traballo e ter un salario xusto e igualitario, os dereitos reprodutivos, ter propiedade privada e o acceso á educación.Lockwood, Bert B. (ed.), Women's Rights: A "Human Rights Quarterly" Reader (Johns Hopkins University Press, 2006), .miniatura|Annie Kenney e Christabel Pankhurst facendo campaña do sufraxio feminino.|centro Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Dereitos da muller Categoría:Conceptos feministas