Kílian Jornet i Burgada, nado en Sabadell, Vallès Occidental, o 27 de outubro de 1987, é un esquiador e corredor de montaña catalán. É un deportista especialmente prolífico, foi campión do mundo de esquí de montaña en 2010 e 2011, e campión do mundo de carreiras de montaña dende o 2007 ó 2010 e tamén do 2012 ó 2014.Kilian Jornet guanya la Mount Kinabalu Climbathon i es proclama per quarta vegada campió del Món (consulta 14 de outubro de 2012) É especialmente coñecido por gañar en tres ocasións (2008, 2009 e 2011) a Ultra-Trail du Mont Blanc e a Pierra Menta (2008,http://www.pierramenta.com/images/2008/gene2008.pdf Classificació Pierra Menta 2008 2010 e 2011).http://www.pierramenta.com/images/2011/genedimanche.pdf Classificació Pierra Menta 2011 Jornet tamén foi proclamado gañador en dúas ocasións da Grand Raid da illa da Reunión, o Diagonale des Fous (2010 e 2012), gañou en 8 ocasións o maratón Zegama-Aizkorri, e entrou na primeira posición en todas as edicións da Giir di Mont entre 2008 e 2011, carreira que tamén gañou no 2014. Ademais, tamén bateu moitos rexistros de tempos e distancias, tales como o Tahoe Rim Trail, o "Hardrock 100 (en ámbolos dous sentidos), o GR20 (2009), o ascenso e baixada do Kilimanjaro ou a varios picos emblemáticos do planeta, grazas ó proxecto Summits of my Life. É amplamente recoñecido como un dos mellores atletas de todos os tempo na súa disciplina, e en 2014, a revista National Geographic distinguiuno como o aventureiro do ano.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alpinistas de España Categoría:Deportistas de Cataluña