O espazo natural do Río Anllóns é un contorno catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que ampara as ribeiras do río Anllóns nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Carballo. O espazo natural vai dende o seu alto cos regos de Calvelo, da Balsa ou río Rosende en Carballo e Coristanco ata o seu tramo final, xa chegando á ría de Corme e Laxe. Esta ZEC únese á ZEC da Costa da Morte.
Hábitats O espazo natural do río Anllóns conta con encostas ou rochedos silíceos nas súas marxes, coa súa vexetación pioneira e propia deses rochedos. Ten chairas de ribeiras lamacentas con vexetación acuática. Nas súas zonas de subestepa dominan as gramíneas anuais. Algúns prados están sobre de substratos calcarios ou de turbeira, con arxila ou lima. As zonas húmidas en penumbra e con solo nitroxenado e os prados pobres de sega son outros hábitats presente no espazo. Os bosques de ribeira son principalmente de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Tamén de carballeiras, como das especies Quercus robur e Quercus pyrenaica. Conta con zonas de queirogais.
Flora e fauna Flora As especies da flora catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Euphorbia uliginosa Narcissus bulbocodium Ruscus aculeatus Sphagnum spp. Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Sylvia undata Tetrax tetrax Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus
Fauna Invertebrados As especies de invertebrados catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus
Peixes As especies de peixes catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Chondrostoma duriense Petromyzon marinus
Anfibios As especies de anfibios catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Rana temporaria subsp. parvipalmata Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arborea Rana iberica Rana perezi Rana temporaria Triturus marmoratus
Réptiles As especies de réptiles catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Coronella austriaca Lacerta schreiberi
Aves As especies de aves catalogadas como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Alauda arvensis Alcedo atthis Alectoris rufa Anas platyrhynchos Caprimulgus europaeus Circus pygargus Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Fulica atra Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Himantopus himantopus Lanius collurio Larus cachinnans Lullula arborea Pica pica Rallus aquaticus Tetrax tetrax
Mamíferos As especies de mamíferos catalogados como de interese no Anexo II da Directiva 92/43/CEE e presentes no catálogo de especies ameazadas son: Especie Galemys pyrenaicus Genetta genetta Lutra lutra Mustela putorius Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Río Anllóns