Luis Santos López, nado en Mansilla de las Mulas (León) o 30 de abril de 1887,Escalafón de los catedráticos numerarios de Institutos Nacionales de Segunda Enseñanza foi un profesor, avogado, xornalista e escritor español.
Traxectoria Foi redactor de La Tribuna e Informaciones. En 1918 foi nomeado profesor axudante de Francés do Instituto Cardenal Cisneros de Madrid. En 1921 foi nomeado profesor de Francés do Instituto e da Escola Normal de Ourense, foi despois catedrático de Francés do Instituto de Ourense. En 1929 abriu un bufete de avogado en Ourense. En 1935 permutou a súa praza pola de Luís Cremades, pasando a ser catedrático de Francés do Instituto de Pontevedra.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado.El Pueblo Gallego, 16-8-1936, p. 7. Foi suspendido de emprego e soldo en novembro.El Progreso, 10-11-1936, p. 2. Foi confirmado no cargo de catedrático do Instituto de Pontevedra en novembro de 1937, con perda dos haberes correspondentes aos seis meses de suspensión de emprego e soldo.El Pueblo Gallego, 10-11-1937, p. 7. Vida persoal Casou con Julia Santos e foi pai de Enrique, Luisa e Julia Santos Santos.
Notas
Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Avogados de España
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1887
Categoría:Finados en ano descoñecido