A guerra dos Rose (en ) é un filme estadounidense de comedia baseado na novela The War of the Roses de Warren Adler. O filme conta a historia dunha parella rica cun matrimonio aparentemente perfecto. Cando a súa relación comeza a desfacerse, as posesións materiais convértense no obxectivo dun conflitivo divorcio. É o terceiro filme co-protagonizado por Michael Douglas, Kathleen Turner e Danny DeVito, despois de Romancing the Stone e a súa secuela, The Jewel of the Nile. DeVito dirixiu o filme, que foi producido por James L. Brooks.
Tanto na novela como no filme, o nome do matrimonio é Rose, e o título é unha alusión á Guerra das Dúas Rosas entre as casas de York e Lancaster, ó final da Idade Media. Foi estreado en galego a través da TVG o 30 de decembro de 2000.
Personaxes Michael Douglas como Oliver Rose Kathleen Turner como Barbara Rose Danny DeVito como Gavin D'Amato Marianne Sägebrecht como Susan Dan Castellaneta como cliente de Gavin Sean Astin como Josh Rose con 17 anos Trenton Teigen como Josh Rose con 10 anos Heather Fairfield como Carolyn Rose con 17 anos G.D. Spradlin como Harry Thurmont Peter Donat como Jason Larrabee David Wohl como Doutor Gordon
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1989 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Danny DeVito Categoría:Filmes de Gracie Films Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de 1989 con versión en galego