dereita|miniatura|315px|Mapa da densidade de poboación mundial por países. miniatura|dereita|315px|Áreas con altas taxas de densidade de poboación, calculado en 1994. A superpoboaciónEntrada de "superpoboación" no Digalego.gal é un fenómeno que se produce cando unha elevada densidade de poboación provoca un empeoramento da contorna, unha diminución na calidade de vida ou situacións de fame e conflitos. Xeralmente este termo refírese á relación entre a poboación humana e o medio ambiente.Global food crisis looms as climate change and population growth strip fertile land. Tamén se pode aplicar a calquera outra especie que alcance niveis críticos no seu número de individuos.
A superpoboación provén da superación por unha especie animal dos límites de sostibilidade do biótopo que habita. Isto é, unha especie demanda máis alimento, produce máis residuos e esixe máis espazo do que o biótopo pode darlle ou aceptar sen sacrificar o futuro doutras especies que habitan nel. A superpoboación non é tanto unha cuestión de espazo, como de limitación de recursos, e sobre todo, como consecuencia directa, de extinción das especies que cohabitan a rexión superpoboada coa especie humana. Estímase que preto dun 99,9% de todas as especies que xurdiron no planeta se extinguiron por unha ou outra causa, ademais de que sen estas extincións a especie humana nunca chegaría a ocupar todos os ecosistemas terrestres do planeta.
A superpoboación pode resultar dun incremento de nacementos, unha diminución da mortalidade debido aos avances médicos, un aumento da inmigración ou por un bioma insostible e esgotamento de recursos. É posible que en áreas de escasa densidade de poboación se dea superpoboación porque a área en cuestión non poida soster tanta poboación.
O concepto de superpoboación baséase no principio de que todo territorio ten unha determinada capacidade de carga, a que vén determinada pola cantidade de recursos dispoñibles, e pola taxa de renovación destes. A poboación de calquera especie alcanzará o seu nivel óptimo cando esta sexa igual á capacidade de carga. Se a poboación aumenta por sobre a capacidade de carga, haberá sobrepoboación, e por conseguinte os recursos (especialmente os alimentos) non alcanzarán para todos os habitantes da poboación, producíndose a morte por inanición destes.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Alimentación humana Antinatalismo Dinámica de sistemas Pegada ecolóxica Pegada hídrica Julian Lincoln Simon Movemento pola Extinción Humana Voluntaria Natalismo Population Matters Sistema complexo Sistema dinámico
Bibliografía Andreu Domingo, Descenso literario a los infiernos demográficos, Anagrama. Barcelona (2008). ISBN 978-84-339-6275-1. Paul R. Ehrlich, Anne H. Ehrlich, The Dominant Animal: Human Evolution and the Environment (2008). Paul R. Ehrlich, The Population Bomb (La explosión demográfica; 1968). Garret Hardin, ''La Tragedia de los Comunes (1968).
Ligazóns externas Population Research Institute. Protesta e acción contra a sobrepoboación humana a nivel mundial ou rexional. Aritmética, Poboación e Enerxía. Curtametraxe documental acerca da superpoboación. Foro de discusión para temas de sobrepoboación humana, en Yahoo Groups.
Categoría:Demografía Categoría:Xeografía Categoría:Sociedade