Os oneidas (onyota'a:ka ou onayotekaonotyu, que quere dicir a xente da pedra de pé, thwahrù·nęʼRudes, B. Tuscarora English Dictionary Toronto: University of Toronto Press, 1999 en tuscarora) son un pobo indíxena e unha das Primeiras Nacións dos Estados Unidos e o Canadá. É unha das cinco nacións fundadoras da Confederación Iroquesa na área preto dos Grandes Lagos.
Orixinalmente, os oneidas habitaban na área que despois sería o centro do estado de Nova York, particularmente arrredor do Oneida Lake e Oneida County. Hoxe en día, os oneidas teén catro nacións federalmente recoñecidas: a Nación India Oneida de Nova York, a Nación Oneida de Wisconsin, os Oneida da Reserva das Seis Nacións e a Nación Oneida de Thames, en Southwold.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobos indíxenas do Canadá