Skylab 4 foi a terceira e última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 16 de novembro de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.
Características Skylab 4 foi a última misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Durante a misión fixéronse observacións astronómicas do cometa Kohoutek e leváronse a cabo diversos experimentos científicos e médicos, así como varios paseos espaciais que totalizaron 22 horas e 13 minutos no exterior da estación. Debido ó exceso de traballo a tripulación, formada por Gerald Paul Carr, Edward George Gibson e William Reid Pogue, rebelouse contra o control da misión na que pode considerarse a primeira folga espacial. Ningún dos tres astronautas volveu a voar en ningunha outra misión espacial.
A misión Skylab 4 rematou o 8 de febreiro de 1974 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico.
Véxase tamén
Outros artigos Saturno IB Skylab Skylab 2 Skylab 3
Notas
Categoría:Estacións espaciais