Paula Antía Rey Baliña, nada en Iria Flavia (Padrón) en 1997, é unha escritora galega.

Traxectoria

Fixo o Grao en Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. Gañou os certames Xela Arias (2014), Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro (2014) e Minerva (2014, 2015). En 2021 obtivo con Impostura o 1º premio da categoría F do Certame de poesía Francisco Añón. Colaborou na revista Dorna, e textos seus foron incluídos na escolma No seu despregar (Apiario Editora, 2016).Paula Antía Rey Baliña - Apiario Obra publicada Poesía Impostura (2022). Editorial Caldeirón. 54 páxs. ISBN 978-84-124-8493-9. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela