Jurij Brězan, nado o 9 de xuño de 1916 en Worklecy e finado o 12 de marzo de 2006 en Kamjenc, foi un escritor sorbio de expresión alto sorbia e alemá. Está considerado o máis importante escritor sorbio do século XX, e o máis exitoso na historia da literatura en sorbio,Stone, Gerald (2015)The Smallest Slavonic Nation: The Sorbs of Lusatia Bloomsbury Publishing, p.85 as súas obras traducíronse a 25 linguas.

Traxectoria Jurij Brězan naceu nunha clínica como Georg Bresan, forma xermanizada que nunca utilizou en público na súa vida adulta. Estudou dende 1928 no instituto de Bautzen, e logo economía. A partir de 1933 traballou para a Domowina, institución cultural e política sorbia, e foi activo nun grupo sorbio de resistencia. Na época utilizou o pseudónimo Dušan Šwik. En 1937 e 1938 exiliouse en Praga. Tras o seu regreso estivo preso entre 1938 e 1939. Desde 1942 e 1944 foi soldado da Wehrmacht ata que os norteamericanos o fixeron prisioneiro de guerra. miniatura|Jurij Brězan con Christa Wolf (1981) De 1945 a 1948, foi funcionario da Domowina e organizou o movemento xuvenil Serbska młodźina así como as brigadas xuvenís sorbias en Iugoslavia, de curta duración.Stone, Gerald (2015) Slav Outposts in Central European History: The Wends, Sorbs and Kashubs Bloomsbury Publishing En 1946 entrou no SED. Foi, tamén, vicepresidente da Unión de Escritores da RDA entre 1969 e 1989.

Obra miniatura|Despacho de Brězan en Horni Hajnk Moitas das súas novelas teñen trazos autobiográficos. A máis coñecida é a triloxía sobre Feliks Hanuš, que consiste en Šuler (1959), Wučbne lěta (1959) e Zrałe leta (1964).

Outras obras teñen a súa base en contos e lendas sorbias da Alta Lusacia. Unha figura recorrente é feiticeiro mítico Krabat. En 1955, traduciu Mišter Krabat de Měrćin Nowak-Njechorński ao alemán co título Meister Krabat der gute sorbische Zauberer. Krabat apareceu máis tarde no conto de fadas Čorny młyn de 1968 e en dúas novelas, Krabat de 1976, e Krabat, druha kniha de 1994. A maioría das súas obras apareceron simultanemente en sorbio e alemán, normalmente escribíaas en sorbio e logo realizaba a versión en alemán. Non obstante, as súas dúas obras autobiográficas apareceron só en alemánJurij Brězan, Ohne Paß und Zoll, Leipzig: Gustav Kiepenheuer, 1999, p. 213 Libros Do noweho časa (poesía, 1950) Prěnja brózda (1951) Swĕt budże rjeńši (1951) Stara Jančowa (1952) Mjez Čornobohom a Błótami (1953) Wo jednorym žiwjenju (guión cinematográfico, 1955) Naš wšědny dźeń (poesía, 1955) Po dróze a při dróze: zapiski pućowaceho (1955) Započatki (1956) Madlena a druhe powědančka a skicy (1958) Feliks Hanuš 1. – Šuler (1958) Christa – stawizny młodeje holcy (1958) Trix a woł Jonas (1959) Marja Jančowa: wobrazy ze žiwjenja serbskeho ludu (1960) Feliks Hanuš 2. – Wučbne lěta (1960) Robert a Sabina (1961) Kak je elefant do hribow šoł (1963) Feliks Hanuš 3. – Zrałe lěta (1964) Nawrót do Krakowa (1966) Wulke dyrdomdejstwa małeho kocora (1966) Čorny młyn (1968) Łužiske impresije (1972) Hajdanec dźěd a šerjenja (1975) Krabat (1976) Moja protyka (1979) Kamuški a skała (1981) Stary nan (1982) Psowe prózdniny (1985) Stara liška (1985) Mein Stück Zeit (memorias, 1989) Módry konik Digidonk (1991) Moja archa Horni Hajnk (1992) Lijeńca (1992) Rifko – z dźenika dakla (1993) Hadrijan a Awgustina (1993) Krabat, druha kniha (1994) Braškowe powědanja (1994) Čitanka (1996) Salowčenjo (1997) Naš wuj z Ameriki (1997) Rozmyslenja a domyslenja (1998) Ohne Paß und Zoll (memorias, 1999) Štwórtk, tři běrtlki na štyri (2000) Ze studnje lět (2001) Rokotowy kerk (2002) Habakuk (2004)

Notas

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Escritores de literatura infantil de Alemaña Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores en lingua sorbia Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Nados en Saxonia Categoría:Tradutores de Alemaña Categoría:Tradutores ao alemán