miniatura|240x240px|O vermello foi historicamente unha cor asociada coas diferentes correntes de esquerda política.
Redwashing (do inglés red, vermello, e whitewash, branquear ou encubrir), lavado vermello ou lavado de imaxe vermello é unha forma de propaganda na que discursos de esquerda son usados de maneira enganosa para promover a percepción de que unha organización, empresa ou persoa está comprometida coa igualdade social. ‘Redwashing’: discursos de ‘esquerda’ para limpar os crimes do Estado de Israel. Desacato. 29 xaneiro 2017. A esquerda e direita do Brasil se unem no crime e na manipulação. Pensa Brasil. 20 febreiro 2017.
Trátase dunha práctica común entre partidos políticos de dereita, de centro ou liberais durante actos públicos, en especial durante o período electoral. Nos seus discursos afirman favorecer a igualdade, por exemplo, apoiando a loita contra a pobreza ou defendendo as mesmas oportunidades para toda a cidadanía. Con todo, unha vez alcanzado o goberno promoven contrariamente unha maior desigualdade social.
En ocasións o termo redwashing utilízase tamén para denominar a práctica de desprestixiar unha determinada organización ou partido político que realmente defende a igualdade social. Nestes casos, búscase deslexitimar o argumentario destes colectivos ao presentalo como extremista ou obsoleto, buscando dar a impresión de que é unha ideoloxía de esquerdas perigosa para o conxunto social e en contraposición a outro ideario que se evidencia como máis razoable. Whitewashing Hillary—By “Redwashing” Progressive Critics. Counter Punch. 18 decembro 2015.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Falacia Greenwashing Pensamento crítico Pinkwashing Posverdade Purplewashing
Categoría:Capitalismo Categoría:Esquerda política Categoría:Mercadotecnia