A aibika (Abelmoschus manihot) é unha especie de planta pertencente á familia Malvaceae. Anteriormente estaba considerada unha especie do xénero Hibiscus, pero foi trasladada a Abelmoschus.
Descrición Son arbustos que acadan ata os 2,50 metros de altura. A folla é palmada. O bordo dentado das follas é groso. As flores son de cor amarela cun punto de cor púrpura escuro no centro. Os froitos son ovados a oblongos, híspidos.
O período de floración esténdese dende xullo ata setembro.
Usos No Xapón, a planta coñécese coma tororo aoi e úsase para facer neri, unha substancia con amidón que é empregada na fabricación de Washi. En Corea, esta planta coñécese como Hwang Kyu chok e emprégase para facer dak Pul, que axuda na toma de Hanji.
Sinonimia Hibiscus manihot L. Hibiscus papyriferus Salisb.
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ueber Einige Künstliche Geschlecter aus der Malven-Familie...Mannheim 46. 1787 USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Data from 07-Oct-06].
Categoría:Abelmoschus Categoría:Flora de Asia