miniatura|Esqueleto de ave no que se salientaron os proceso uncinados

Os procesos uncinados das costelas son extensións de óso que se proxectan en dirección caudal desde o segmento vertical de cada costela. Uncinado en latín significa 'ganchudo'. Encóntranse en aves (excepto os Anhimidae), réptiles e nos primeiros anfibios (Ichthyostega).

Estes procesos poden servir como punto de unión dos músculos escapulares, e axudan a reforzar o solapamento da caixa torácica coas costelas que están detrás deles. Tamén teñen un papel na respiración ao incrementaren a efectividade dos músculos implicados na inspiración como os músculos apendicocostais.Codd, J. R., D. F. Boggs, S. F. Perry, and D. R. Carrier. 2005. Activity of three muscles associated with the uncinate processes of the giant Canada Goose Branta canadensis maximus. Journal of Experimental Biology 208:849-857. Full text Os procesos son curtos nas aves corredoras e longos nas especies mergulladoras e son de lonxitude intermedia en aves non especialistas.Tickle, Peter G. , A. Roland Ennos, Laura E. Lennox, Steven F. Perry and Jonathan R. Codd 2007. Functional significance of the uncinate processes in birds. Journal of Experimental Biology 210:3955-3961 Resumo As aves da familia Anhimidae son as únicas que carecen destes procesos. The process has also been noted in some Enantiornithines.Fucheng, Zhang, Zhou Zhoghe, Hou Lianhai & Gu Gang 2001.Early diversification of birds:Evidence from a new opposite bird. Chinese Science Bulletin. 46(11):945-949 }} Aínda que os procesos óseos uncinados son exclusivos das aves, existen tamén procesos unicnados cartilaxinosos en crocodilos. Os procesos uncinados tamén se encontraron en fósiles como Sphenodon, Caudipteryx, ovirraptóridos, Confuciusornis e Chaoyangia, aínda que Archaeopteryx carecía deles.

Notas

Categoría:Anatomía das aves