A VG-4.3 ou Vía de Alta Capacidade Cambados-Vilagarcía de Arousa (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Cambados e Vilagarcía de Arousa; atravesa os concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ten unha lonxitude de 8,21 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa VG-4.2 en Cambados e finaliza nun cruzamento coa N-640 en Vilagarcía de Arousa.

Percorrido

Inicia na rotonda da VG-4.2 cos accesos ao oeste cara á estrada PO-550 a Cambados e ao leste cara á estrada PO-300 á parroquia do Mosteiro (concello de Meis), seguindo á ligazón da parroquia de Corvillón (concello de Cambados) coa estrada PO-549 e outro acceso cara a leste á estrada EP-9002 ao lugar da Modia (mesmo concello). Seguindo á ligazón de Tremoedo coa estrada PO-530, coa dirección cara a oeste á Illa de Arousa e outra cara a leste á parroquia de Tremoedo (concello de Vilanova de Arousa), seguindo á ligazón de Santa Mariña (concello de Vilagarcía de Arousa) coa estrada PO-529 con dirección cara a oeste ao lugar do Rial e outra á rotonda da estrada PO-528 cara a Vilagarcía de Arousa e remata na rotonda da estrada nacional N-640 no lugar do Coruxo (mesmo concello).

Historia

As primeiras obras iniciaron en agosto de 2001 e inaugurara en setembro de 2003, como alternativa da estrada autonómica PO-549 que lle rodea pola costa e conta o acceso directo á Illa de Arousa.

Treitos

Denominación Treito Kms Ano servizo Cambados - Vilagarcía de Arousa 8,2 2003

Notas

Categoría:Corredores e vías galegas Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra Categoría:Cambados Categoría:Vilanova de Arousa Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes