Orencio Arosa Álvarez, nado en 1873 na provincia de Pontevedra e finado o 2 de xaneiro de 1939, foi un militar, reloxeiro, concelleiro, administrador e redactor de publicacións, que chegou a ser nomeado alcalde de Vigo en outubro de 1923.
Traxectoria miniatura| Capitán de infantaría, foi o encargado de organizar a subscrición popular que obtería os fondos necesarios para pagar o monumento aos heroes da Reconquista de Vigo, que, despois de moitas vicisitudes, sería inaugurado na Praza de España en 1947 e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.Lamas, Jorge: "El monumento de nunca acabar" La Voz de Galicia, 18 de agosto de 2010 .
Foi propietario da reloxería Arosa, da rúa do Príncipe de Vigo, administrador de La Concordia e La Tranca e redactor de Noticiero de Vigo.
Sendo concelleiro e alcalde en funcións suspendeu a publicación do semanario La Ráfaga. Foi designado alcalde na ditadura de Primo de Rivera, nomeamento moi criticado polo republicano Martín Echegaray."Orencio Arosa, el relojero y militar que fue alcalde en 1923", La Voz de Galicia, 3 de marzo de 2007 . Vida persoal
Casou coa ourensá Josefa Merino Fernández.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Alcaldes de Vigo
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1873 Categoría:Nados na provincia de Pontevedra Categoría:Finados en 1939 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público