Os productores (en ) é un filme estadounidense dirixido por Mel Brooks que se estreou en 1968. Protagonizada por Zero Mostel e Gene Wilder, foi o filme con maior recadación de 1968 e está considerada como unha das máis grandes comedias estadounidenses de todos os tempos segundo a publicación AFI's 100 years... 100 laughs do American Film Institute. Gañou o óscar ao mellor guión orixinal na 41ª edición dos Oscar. Foi estreado na Televisión de Galicia o 29 de agosto de 1992.Programación TVG
O filme foi o primeiro dirixido por Brooks, que xa tiña un serie de televisión de éxito nese momento, Get Smart, cocreada con Buck Henry. O título previsto orixinariamente para o filme era Springtime for Hitler (Primavera para Hitler), título da obra musical que producen no filme.[Kashner, Sam. «The Making of The Producers.» Vanity Fair. Consultado o 30 de agosto de 2016
Argumento O filme narra a historia dun produtor corrupto de Broadway (Mostel), que coa axuda dun contable tímido e compulsivo (Wilder)Friedman, Megan. «Top 10 Movie Wimps: Leo Bloom, The Producers.» Time. Consultado o 30 de agosto de 2016 planea facerse rico producindo o maior fracaso da historia de Broadway. A obra caracterízase por un humor irreverente apoiado en acentos esaxerados, estereotipos homosexuais e personaxes nazis.
Notas
Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes sobre nazis Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego