Abdulhamid Shershenbievich Zhanibekov, nado en Astrakán en 1879 e finado en 1955 foi un etnógrafo e escritor nogai, creador do primeiro alfabeto da lingua nogai.

Traxectoria Foi alumno de Abdraman Umerov, un reformador nogai. Entre 1901 e 1917 deu clases en diversas localidades e dende 1920 en Karachay-Cherkessia, onde en 1928 completou o primeiro alfabeto do nogai, de base latina. En 1938 publicou unha gramática do nogai, no alfabeto cirílico entón en vigor. Malia todo a súa obra principal foron os catro volumes sobre folclore nogai, publicada so o título Soz kaznas.

Notas

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Nados en Astrakán Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua nogai Categoría:Etnógrafos e folcloristas