Illa Magdalena é unha illa na rexión de Aysén no sur de Chile. A illa pertence ao Parque Nacional Illa Magdalena.

Xeografía Esta grande illa esténdese ata a costa continental, da cal está separada polas canles de Moraleda (ao oeste) e de Puyuhuapi (ao sur). Polo norte discorre a canle Salqueman, entre a illa de Magdalena e as máis pequenas de Atilio e Manuel.

Na súa parte central, o volcán extinto Mentolat elévase a unha altura de 1.660 m. O cráter está cheo de neve en todo momento.

Na costa oeste da illa atópase a enseada Pangal, que non é de utilidade para a navegación.

Fauna e flora A illa conta con multitude de especies protexidas, como pingüins, corvos mariños ou leóns de mar. A súa poboación de pingüíns é das maiores do Chile austral, cunhas 60 mil parellas de pingüíns de Magallanes.

No tocante á flora, destacan o coigüe de Chiloé e Magallanes, o ciprés das Guaitecas, o canelo ou o tineo.

Habitantes A illa Magdalena é parte do territorio tradicional do pobo chono, unha cultura nómade que empregaba as canoas para navegar as illas e canles da rexión, entre o sur de Chiloé e a pensínsula do Taitao.

Na actualidade, o único lugar con presenza humana é un posto de pescadores coñecido como Porto da Gaivota, ao sur da illa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Islands of Chile @ United Nations Environment Programme

Categoría:Illas de Chile Categoría:Illas do Pacífico