miniatura|Bylatyan Oyuunskay en 1921 Bylatyan Oyuunskay (en ), pseudónimo de Platon Alekseevich Sleptsov (Платон Алексеевич Слепцов), nado en Cherkyokh o 11 de novembro de 1893 e finado en Yakutsk o 31 de outubro de 1939, foi un político, escritor e tradutor iacuto, considerado un dos fundadores da literatura moderna iacuta, da organización da República Autónoma Iacut mais da Unión de Escritores de Iacutia."ОЙУУНСКИЙ Платон Алексеевич — Платон Ойуунский" Якутский государственный литературный музей имени П. А. Ойунского.
Traxectoria De 1914 e 1917 estudou no Seminario de Maxisterio de Yakutsk e entre 1917 e 1918 no Instituto Pedagóxico de Tomsk. Membro do Partido Comunista dende 1918 dirixiu en 1922 o Consello de Comisarios do Pobo e en 1923 o Comité Central Executivo da RSS de Iacutia. Entre 1928 e 1931 foi comisario de educación e saúde de Iacutia e dende 1935 foi o primeiro director do Insitituto de Lingua e Cultura de Iacutia. Foi deputado do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938).
Publicou o seu primeiro poema en 1917 e dous anos despois un dos máis coñecidos "Син биир буолбаат?", que tivo gran popularidade en Iacutia. Escribiu novelas, dramas e numerosos relatos. Como etnógrafo recolleu e publicou poemas épicos de Olonkho en Дьулуруйар Ньургун Боотур e Туналыйбыт ньуурдаах Туйаарыма Куо. Xustificou o uso do verso silábico-tónico na lingua iacuta. Tamén traduciu clásicos da literatura rusa e mundial ao iacuto. O 3 de febreiro de 1938 de volta da primeira sesión do Soviet Supremo o NKVD arrestounoОйунский (наст фам. Слепцов) Платон Алексеевич Виртуальный музей ГУЛАГа. en Irkutsk acusado de dirixir unha organización nacionalista burguesa contrarrevolucionaria. Morreu na cadea ao ano seguinte. A súa figura rehabilitouse o 15 de outubro de 1955.
Notas
Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Escritores en lingua iacuta Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados na República de Sakha