A N-552 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-550 (da que formou parte até 1988), na altura da vila de Redondela, coa cidade de Vigo. Nos seus 9,72 quilómetros de percorrido ten varias conexións coa AP-9, de trazado paralelo desde a ponte de Rande até o barrio de Teis.

Trátase dunha estrada cunhas marxes moi urbanizadas, o que supuxo que se construísen diversas rotondas ao longo do seu traxecto para mellorar a súa conectividade ademais da seguridade viaria.

Notas

N-552 N-552 Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra