O metabolismo social ou metabolismo socioeconómico é o conxunto de fluxos de materiais e de enerxía que se producen entre a natureza e a sociedade, e entre distintas sociedades entre si, levados a cabo cunha forma cultural específica.El metabolismo social: una nueva teoría socioecológica. Relaciones. 2013.
Os procesos metabólicos sociais comezan coa apropiación por parte dos seres humanos de materiais e enerxía da natureza. Estes poden ser transformados e circular para ser consumidos e finalmente excretados de novo á propia natureza. Cada un destes procesos ten un impacto ambiental diferente dependendo da maneira na que se realizan, a cantidade de materiais e enerxía implicados no proceso, a área onde se produce, o tempo dispoñible ou a capacidade de rexeneración da natureza.
A pesar de que gran parte dos estudos sobre metabolismo social redúcense á entrada e saída de materiais e enerxía dun Estado (importacións e exportacións) pola facilidade de acceso á información sobre transaccións mercantís, o metabolismo social tamén se ocupa de estudar en detalle outros procesos metabólicos, como os efectuados en sociedades máis pequenas, os servizos que a natureza presta aos seres humanos, así como a forma cultural concreta que as persoas adoptan ao desenvolver cada proceso.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Brecha metabólica Economía circular
Economía ecolóxica Economía enerxética Pegada ecolóxica
Racismo ambiental Sistema complexo
Categoría:Ecoloxía Categoría:Marxismo Categoría:Teoría económica