Lamont Mack, nado o 16 de marzo de 1987 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado nas universidades de Angelina e Charlotte, desenvólvese nas posicións de ala e ala-pivote cunha altura de 2,01 metros.
Traxectoria Nado en Chicago, Illinois, na Universidade de Angelina en Lufkin, Texas foi elixido Junior College All-American e clasificado como o vixésimo primeiro mellor xogador universitario júnior. Posteriormente, entre 2007 e 2009, xogou para os Charlotte 49ers mentres estudaba Dereito penal. Na súa primeira temporada fixo unha media de 15,6 puntos por encontro, mellorando de xeito destacábel durante a segunda parte da temporada. Tras acabar o seu periplo universitario continuou a súa carreira baloncestística en Europa, onde xogou nas principais ligas do continente como a A1 Ethniki (Grecia), a Serie A (Italia), a Basketball Bundesliga (Alemaña), a ACB (España), a Pro A (Francia) ou a Liga do Adriático, así como en competicións continentais como o EuroChallenge.
Clubs 20px|border|A1 (Grecia) AEK Atenas (A1 Ethniki, 2009–2011) 20px|border|NBL (Bulgaria) Lukoil Academic (NBL / EuroChallenge, 2011–2012) 20px|border|Serie A (Italia) Scavolini Pesaro (Serie A, 2012–2013) 20px|border|BBL (Alemaña s.Oliver Baskets (BBL, 2013) 20px|border|Korisliiga (Finlandia) Korihait Uusikaupunki (Korisliiga, 2014) 20px|border|ACB (España) Blancos de Rueda Valladolid (ACB, 2014) 20px|border|LNB (Arxentina) La Unión de Formosa (LNB, 2014) 20px|border|LNBP (México) Gigantes Edomex Toluca (LNBP, 2015) 20px|border|Liga Națională (Romanía) CS Energia (Liga Națională / EuroChallenge / FIBA Europe Cup, 2015−2016) 20px|border|Pro A (Francia) STB Le Havre (LNB Pro A, 2016) 20px|border|ABA (Macedonia) Karpoš Sokoli (ABA Liga, 2016) 20px|border|FLB (Líbano) Hoops Club (FLB, 2016) 20px|border|LUB (Uruguai) Club Malvín (LUB, 2017)
Palmarés Liga de baloncesto Bulgaria (NBL) (2): 2011, 2012 Copa de baloncesto Bulgaria (1): 2012
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Eurobasket Perfil en ESPN.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do AEK Atenas BC Categoría:Xogadores do s.Oliver Würzburg Categoría:Xogadores do CB Valladolid Categoría:Xogadores do STB Le Havre