O aeroporto de Berlín-Tegel (IATA: TXL, ICAO: EDDT) é o principal aeroporto internacional de Berlín, a capital federal de Alemaña. Antigamente servía a Berlín Occidental e está por diante do pequeno aeroporto de Berlín-Schönefeld. Foi bautizado co nome de Otto Lilienthal, na honra do pioneiro da aviación alemán, e é o cuarto máis concorrido do país con 21,2 millóns de pasaxeiros en 2016. O aeroporto serve de base a Germanwings. Conta con voos a varios destinos metropolitanos e de vacacións europeos ademais de rutas internacionais.

Está situado en Tegel, unha sección da veciñanza de Reinickendorf, a 8 km ao noroeste do centro da cidade. O aeroporto de Tegel destaca pola súa terminal principal hexagonal ao redor dun cadrado aberto, o que fai que as distancias a pé do avión á saída da teminal non sexan de máis de 30 metros. O aeroporto íase pechar en xuño de 2012 despois de que abrise o aeroporto de Berlín-Brandeburgo (BER), pero debido aos continuos atrasos o futuro de Tegel é incerto. Unha campaña foi lanzada para manter as súas instalacións abertas, recollendo sinaturas para un referendo no que os votantes decidan o futuro do aeroporto.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Berlín