Soiuz 13 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 18 de decembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características A misión Soiuz 13 usou unha nave modelo Soiuz 7K-T lixeiramente modificada, que pasou a ser denominada Soiuz 7K-T/AF e que foi única no seu xénero. No módulo orbital ía aloxado o telescopio Orion 2 co que a tripulación, formada polo comandante Piotr Klimuk (o primeiro belaruso en voar ao espazo) e enxeñeiro de voo Valentin Lebedev, fixo observacións astronómicas no ultravioleta. Tamén fixeron observacións da superficie terrestre con outros instrumentos e seguir facendo probas cos sistemas da nova nave.

Tras case oito días en órbita, a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 200 km ao suroeste de Karaganda o 26 de decembro de 1973.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 10 Soiuz 11 Soiuz 12

Notas

Categoría:Programa Soiuz