Soiuz 16 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de decembro de 1974 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz 16, cos cosmonautas Anatoli Filipchenko e Nikolai Rukavishnikov a bordo, foi lanzada para probar os sistemas do modelo de nave Soiuz 7K-TM co que a Unión Soviética participaría na misión conxunta ASTP xunto con Estados Unidos e unha das súas cápsulas Apolo.
Despois de case seis días en órbita a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 30 km ao nordeste de Arkalyk, o 8 de decembro de 1974 ás 8:04 GMT.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 11A511 Saliut 3 Soiuz 10 Soiuz 11 Soiuz 12 Soiuz 13 Soiuz 14 Soiuz 15
Categoría:Programa Soiuz