María Carmen Porto Vázquez, nada en Santiago de Compostela en 1938 e finada o 10 de maio de 2022, foi unha destacada radióloga galega. En 2011 foi distinguida cunha medalla Castelao pola Xunta de Galicia.Ficha no portal de Igualdade da Xunta de Galicia .

Traxectoria Licenciouse en Medicina pola USC. A súa tese de doutoramento recibiu a máxima nota, un sobresaínte cum laude.

No ámbito español, pasou por ser a primeira muller radioterapeuta titulada en exercer o cargo. Por concurso de méritos, ocupou a xefatura de servizo no Centro Hospitalario de Santiago dende 1972 até a súa xubilación. Así mesmo, foi a primeira muller á fronte do SERGAS e a primeira profesora da Facultade de Medicina en formar parte do seu claustro.

En 2007 recibiu a medalla de ouro que outorga anualmente a Sociedade Española de Oncoloxía Radioterápica.

En 2011 foi Medalla Castelao e Medalla de honra da Academia Médico-Cirúrxica de Santiago.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1938 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Medallas Castelao Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2022