Soiuz 19 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xullo de 1975 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz 19, cos cosmonautas Aleksei Leonov e Valeri Kubasov a bordo, foi lanzada para acoplarse a unha cápsula Apolo estadounidense ocupada polos astronautas Vance Brand, Deke Slayton e Tom Stafford no marco do Proxecto de probas Apollo-Soiuz (ASTP pola súa sigla en inglés). ASTP foi o primeiro acoplamento en órbita de dúas naves de nacións distintas e unha mostra do achegamento entre as dúas potencias rivais. A nave Apolo foi lanzada unhas horas despois de que o fixera a Soiuz 19.

As naves atopáronse no espazo e acopláronse o 17 de xullo. As tripulacións pasaron dunha nave a outra e levaron a cabo diversas actividades, entre elas conceder entrevistas a radios e televisións. As naves separáronse despois de 44 horas acopladas para facer algúns experimentos e volveron unirse durante tres horas máis, despois das cales as naves separáronse definitivamente. A Soiuz 19 volveu a terra despois de case 6 días en órbita, aterrando a 87 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán) o 21 de xullo de 1975 ás 10:51 GMT.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz U

Notas

Categoría:Programa Soiuz