Talorcan (ou Talorgan) mac Enfret (morto en 657) foi un rei do pictos dende o 653 até o 657. Era o fillo de Eanfrith de Bernicia, que se exiliou entre os pictos despois de que o seu pai, Æthelfrith de Northumbria, fose asasinado arredor do ano 616. Eanfrith casou cunha princesa picta, e o seu fillo foi Talorcan.
Talorcan converteuse en rei no ano 653; o ano seguinte, derrotou e asasinou a Dúnchad mac Conaing, rei de Dál Riata, nunha batalla en Strath Ethairt. Suxeriuse que esta batalla ben puidera ser parte dunha "incursión inaugural" contra veciños hostís para marcar o goberno dun novo rei.Ann Williams, Alfred P. Smyth, and D. P. Kirby, A Biographical Dictionary of Dark Age Britain (1997), páxina 220. Talorcan era o sobriño do poderoso Oswiu de Northumbria; díxose de Oswiu "subxugado e fixo tributarios a maioría dos pictos" (xunto con Dál Riata),Bede, H. E., book II, chapter 5. e é posible que Talorcan estivese suxeito a Oswiu
Notas
Véxase tamén Bibliografía Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8
Categoría:Finados en 657 Categoría:Reis dos pictos